Sunday 28 de April de 2024

O Servizo de Emerxencias captura un millar de raíñas de vespa velutinas


Ten xeolocalizadas máis de 300 trampas por todo o municipio polo que espera que os niños desta especie invasora de cara ao verán poida reducirse

O Servicio de Emerxencias e Protección Civil de Cambre capturou a máis un millar de raíñas vespas velutinas desde que comezou a campaña hai mes e medio. Segundo a concelleria de seguridade, María Vázquez, os axentes do Servizo distribuíron máis de 300 trampas por todo o municipio e as teñen xeolocalizadas para comprobar e facer un seguimento da proliferación deste insecto invasor que está causar graves danos no ecosistema da bisbarra.

Segundo os axentes, a campaña está a dar os seus froitos xa que cantas máis avispas raíñas se capturen, menos niños haberá en época estival. O obxectivo é minimizar o seu impacot no medio ambiente de cara ao verán, xa que o insecto pode acabar con colmenas de abellas e enxambres de avespas autóctonas nun solo día.
Cambre é un dos concellos da bisbarra máis afectado pola proliferación da chamada vespa asiática.

Co obxectivo de concienciar do problema medioambiental a todos os veciños, o Servicio Municipal está a levar a cabo charlas nos CEIPS e nas asociacións veciñais, onde se lles ensina a facer trallos caseiros para capturar ás raíñas.
Esta mesma semana tivo lugar no CEIP Portofaro, no Temple, unha charla impartida polo responsable do servizo, Manuel Varela, co fin de sensibilizar aos máis novos do perigo desta especie.